Saltar ao contido

teitamos.gal

  • Sobre nós
  • Laboratorios
    • A casa autoproducida en Galicia
    • Clínica das casas
    • Empty Coruña – Coruña Baleira
    • Kaya clínica
    • Procesos insurxentes para o habitar
    • Sheltering refugees in A Coruña
    • Ulloa non é terra de sacrificio
    • Urbicidio Gaza
  • Repositorio
    • Dereito á arquitectura
    • Dereito á cidade
    • Dereito a teito
    • Galicia
    • Mozambique
  • Asesoramento

Ola,

Teitamos é unha plataforma de traballo, investigación e acción que dá visibilidade a décadas de práctica arquitectónica comprometida coa construción de dereitos: dereito ao teito, á cidade, ao territorio e ao hábitat digno.

Nace da convicción de que a arquitectura non é só unha disciplina técnica nin unha produción de obxectos, senón unha práctica política, social e cultural, situada en contextos reais de conflito. Ao longo do tempo, Teitamos foi articulando coñecemento desde o campo, a universidade e a acción colectiva, traballando con comunidades, institucións públicas e redes internacionais en contextos de crise, precariedade, desprazamento, abandono territorial e violencia estrutural.

A web organiza este percorrido en laboratorios (experiencias executadas), un repositorio aberto de textos e materiais, un espazo de recomendacións e un buzón para activar colaboracións e acompañamentos.

Teitamos non propón modelos pechados nin solucións universais.
Propón procesos, lectura crítica do real e responsabilidade profesional.
Porque construír arquitectura é, sempre, construír dereitos.

Salvo indicación do contrario, os contidos deste sitio difúndense baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0. Respeta autorías, métodos e comunidades implicadas. Os dereitos pertencen os seus autores.

  • Recomendacións
  • Acerca de

teitamos.gal